jueves, 26 de septiembre de 2013

GZmúsica TV volve a Vía Televisión

O verán remata mais a música galega non ten paraxe! Por iso, co comezo do novo curso, GZmúsica TV volve á televisión. Mais cun novo formato, o GZmúsica TV Clips, un programa de 30 minutos de duración onde lle daremos cabida aos videoclips, -novidades e históricos-, máis interesantes do panorama musical do país. A estrea é esta mesma noite, contra ás 24h, coma sempre en Vía TV ou en streaming na nosa rede. E se tes unha banda e queres que o teu videoclip saia no noso programa, contáctanos!! Cada venres contra a medianoite, a música galega volverá ter o seu espazo na televisión. Cada semana, presentaremos un menú musical para mostrar todo o bo que se está a facer na Galiza musicalmente.

Menea este post en Meneame.net

0 comentarios :

Últimas Noticias